Luzmila Carpio
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 (74/75 anos) Departamento de Potosí, Bolivia |
Embaixadora de Bolivia en Francia | |
abril de 2006 – 2011 | |
Actividade | |
Ocupación | diplomática, cantante, compositora de cancións |
Período de actividade | 1970 - |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz e Charango |
Premios | |
Páxina web | luzmilacarpio.tv |
Luzmila Carpio, nada en 1954 na comunidade indíxena Qala Qala, Ayllu Panacachi, no Departamento de Potosí, é unha cantante boliviana. As súas cancións son na súa maioría en lingua quechua e están inspiradas na natureza dos Andes e nos cantos dos seus antergos.
Embaixadora
[editar | editar a fonte]En abril de 2006, o presidente de Bolivia, Evo Morales, designou a Luzmila Carpio como a nova embaixadora do seu país en Francia, misión que durou 4 anos até o 31 de marzo de 2011.
Cancións
[editar | editar a fonte]- "Yaw kuntur mallku"
- "Wiñay llaqtamanta kayku"
- "Ima sarata munanki"
- "Aylluman kutiripuna"